sábado, 17 de diciembre de 2011

Paranoia, volumen 2

Aquí está o estupendo, o marabilloso, o fantástico... bueno... isto... "relato".


Un segundo despois estaba atrapada entre a parede de ladrillo da aula e o dono daquel brazo, que lle susurraba ó oído palabras que ela non podía comprender, de tan atordada que estaba. Ó ver que non respondía, apartouna da parede, abrazouna con forza e díxolle:

- Sinto ser tan brusco, pero non podía soportalo máis. Tiña que facelo.

Dito isto, colleulle a cara cunha man de dedos longos e finos e achegouse a ela, ata que os seus labios quedaron a escasos milímetros. Facendo un esforzo monumental, contívose un momento, o xusto para dicirlle, cun sorriso pícaro:

- Dime que isto non é o que queres, e marcho.

No medio da escuridade, ela sorriu. El non o puido ver, pero si notou como ela salvaba a distancia que os separaba e, suavemente, facía que os seus beizos se tocaran. Ó cabo duns segundos, soltouno e afastouse del. Non reaccionou. Ela, preocupada, estirou o brazo e tocoulle o ombro.

- Asier...

El seguiu sen responder. Colleulle as mans e achegounas á cara sen afeitar. Rascaba. Ela estirou os dedos e seguiu con eles a liña da súa mandíbula. Abriu a boca para dicirlle algo, pero de súpeto tirou dela e atacou a súa boca coma se fose un náufrago á deriva aferrándose a un madeiro. Agarroulle a cabeza cunha man e colocou a outra no medio das súas costas. Naiara quedou quieta un momento, coas mans non seus brazos. Notáballe os músculos tensos por debaixo da roupa. Aínda máis, ríxidos. Deslizou a man ata o seu pescozo, nun aceno tranquilizador. Automaticamente, notou como el relaxaba todo o corpo. Ela zafouse do seu abrazo e apoioulle as mans no peito. Empurrouno cara atrás, ata que tropezou cunha cadeira e caeu sentado nela. Seguiu presionando os seus ombros para que non se levantara e, poñendo unha perna a cada lado da cadeira, quedou sentada sobre el. Apertouse contra o seu peito, e el pasou as mans polas súas costas, impedindo ambos calquera posibilidade de fuxida. Ficaron así un anaco, bicándose sen descanso, entrelazando as linguas, ata que ela soltou o seu pescozo e meteu as mans por debaixo da súas camiseta. Entón el reaccionou. Soltouna e ergueuse de golpe, facendo que ela case caese ó chan. Abriu a porta e, grazas á claridade que inundou a aula, Naiara puido ver como el apertaba os puños e marchaba correndo.


Quedou deitada un anaco máis, reflexionando. Por que fixera iso? Ademais, despois, cando estaban todos xuntos, falando tranquilamente antes de entrar á última clase, el estaba na outra punta do grupo. E notaba que a estaba a mirar, pero cando ela desviaba a vista e a dirixía ós seus ollos, el viraba a cara.
Abriu os ollos e ergueuse da cama. Colleu a bata e, mentres a poñía para que non lle collese o frío, decidiu que falaría con el ó día seguinte, custase o que custase.