Ola, meus filliños! Despois de séculos sen aparecer por aquí (que si, que xa o sei, que me non me botastes nada de menos) por fin regresei. E non creades que me presionaron, diso nada monada, decidín eu soíña volver a escribir paridas por aquí. Si, xa sei que este non é o idima no que falo sempre, pero a partir de agora vádesvos ter que chinchar porque non vou escribir en ningún outro (ata que aprenda coreano, entón VADES FLIPAR)
¿Que que hai de novo na miña vida? Nada en especial... acabei o bacharelato, fixen selectividade, saiume un pelo no nariz, estou na universidade, teño pelos de tola... Minucias sen importancia.
E, de momento, este é o meu triunfal regreso. Cando volva ter algo interesante que contar, volverei como volveu Goku á casa despois de resucitar por terceira vez.
Abur!