“Esta mañá non podía deixar de mirarte”. Ela non puido evitar sorrir, ó ver aquela nota entre os seus apuntes. Por fin, despois de dúas semanas recibindo aqueles misteriosos papeliños, sabía de quen procedían. E tamén sabía onde atopalo. Cando o localizou ente o enxame de estudantes, dirixiuse cara el en silencio. Quedou un anaco mirando para as súas costas, recreándose coa visión dos seus anchos ombros e da pel do seu pescozo, que se lle antollaba moi suave. Tanto, que se estremeceu só con pensar en rozala coa punta dos dedos. Sacudiu a cabeza, incómoda. Non, ese non era o momento de pensar niso. Primeiro, tiña que asegurarse de que el soubera que o descubrira.
Achegouse de vagar e sentou ó seu carón. Saudouno cun tenro “ola” e un pequeno sorriso. El devolveulle o saúdo, mirándoa medio segundo máis do necesario, e volveu cravar os ollos nos seus apuntes. Ela sacou as súas cousas, e aproveitou ese momento para miralo de esguello. Recorreu cos ollos todos os seus rasgos, a fronte, o nariz, as pálpebras, as meixelas, os beizos... Eses preciosos e suaves beizos que tanto desexaba rozar... Volveu sacudir a cabeza, desgustada. Pero que lle facía aquel rapaz por que a atraía tanto? Decidiu que xa pensaría naquilo noutro momento, e puxo en práctica o seu plan. Sacou un papel e escribiu: “ Hai semanas que eu non podo deixar de mirarte”. Pasoulla discretamente e agardou. El leuna en silencio. Ela cruzou os dedos baixo a mesa. El deulle a volta á nota e escribiu algo; despois devolveulla sen mirala. Ela, alarmada pola frialdade coa que o fixera, comezou a pensar que se equivocara de persoa. Tremíanlle as mans, caéuselle a nota ó chan. Colleuna e, cando se volveu erguer, tiña outra agardándoa. Leu primeiro a que acababa de rescatar do chan: “Xoves, 16:30, na fonte”. E a segunda dicía: “; )”. Colleu as dúas e gardounas no estoxo. Dez minutos despois, recolleu e ergueuse, disposta a marchar. Cando pasou por detrás del, nun arranque de inspiración, deslizou os dedos pola súa caluga. O formigueo que lle causou fixo que non puidera deixar de pensar nel o resto do día.
Martes. Aínda era martes. Ela comezaba a desesperarse. E máis despois do que ocorrera esa mañá. Alí, deitada na cama, cómoda e relaxada como estaba, pechou os ollos e dispúxose a recordar...
Dúas clases. Ese día só tivera dúas clases. Cando se dirixía á primeira (chegaba t arde, coma sempre), el pasou ó seu carón. Xusto pegado a ela. Tanto, que lle rozou o pescozo coa punta dos dedos, tal el como ela lle fixera a el. Tanto, que el notou como ela se estremecía. Tanto, que o aire que deixou ó pasar arrastrou o seu aroma ata o nariz dela. Quedou alí plantada, ríxida, ata que unha voz a espabilou.
Naiara, esperta! Que o profesor xa está dentro!
Vou, vou!
Abriu os ollos e maldeciu polo baixo. Ergueu a cabeza da almofada e mirou ós pés. O seu irmán pequeno estaba alí, facéndolle cóxegas. Suspirou e despois ergueuse de golpe, sorprendéndoo. Colleuno polas axilas e levantouno. E riu e comezou a pedir:
O avión, o avión!
E ela, que adoraba a aquel pequeno, xogou con el ata que os dous acabaron baldados.
Soa outra vez. O pequeno acababa de marchar; seica era máis importante merendar que xogar. Sorriu. Ese pequeniño era demasiado simpático.
Volveuse deitar, e desta vez meteuse por debaixo das mantas (por se os trasgos das cóxegas). Alí, acochadiña e quentiña, seguiu recordando...
Saíu disparada da primeira clase. Tiña moita présa. Maldita vexiga
Unha vez fóra dos servizos, localizou ós seus compañeiros e botou a andar cara eles. Ó pasar por diante dunha aula aparentemente pechada e ás escuras, abriuse a porta. Só un chisquiño, o suficiente para que saíse un brazo, a agarrase e a metese dentro.
Coreaanaaa, hoy no comento mucho que no tengo mucho humor, pero pasado compenso (que mañana tengo clase por la tarde -.-)
ResponderEliminarEso no será caso verídico eh pilandrona? jajaja
Dime que cuando la agarra y la mete para dentro en vez de besarla la mata o la viola o algo bruto ahí, que dé tensión jajajaja
Pero acábala ehhh, non mi fodas que tienes todos los relatos de hace dos años que me prometiste acabar en verano sin acabar ¬¬ jajajaja
Pero publicaaa =( Que tengas vida universitaria y social aparte no es excusa para dejar a esta viciada sola. JO.
ResponderEliminarCando acabe de pasar o que teño escrito, publico. E non te preocupes. Se queres sangue, terás sangue.
ResponderEliminarSí claro. Jajajajaja.
ResponderEliminarPROMETO que terás sangue BUAHAHAHAHHAA
ResponderEliminar