Aquí está o estupendo, o marabilloso, o fantástico... bueno... isto... "relato".
Un segundo despois estaba atrapada entre a parede de ladrillo da aula e o dono daquel brazo, que lle susurraba ó oído palabras que ela non podía comprender, de tan atordada que estaba. Ó ver que non respondía, apartouna da parede, abrazouna con forza e díxolle:
- Sinto ser tan brusco, pero non podía soportalo máis. Tiña que facelo.
Dito isto, colleulle a cara cunha man de dedos longos e finos e achegouse a ela, ata que os seus labios quedaron a escasos milímetros. Facendo un esforzo monumental, contívose un momento, o xusto para dicirlle, cun sorriso pícaro:
- Dime que isto non é o que queres, e marcho.
No medio da escuridade, ela sorriu. El non o puido ver, pero si notou como ela salvaba a distancia que os separaba e, suavemente, facía que os seus beizos se tocaran. Ó cabo duns segundos, soltouno e afastouse del. Non reaccionou. Ela, preocupada, estirou o brazo e tocoulle o ombro.
- Asier...
El seguiu sen responder. Colleulle as mans e achegounas á cara sen afeitar. Rascaba. Ela estirou os dedos e seguiu con eles a liña da súa mandíbula. Abriu a boca para dicirlle algo, pero de súpeto tirou dela e atacou a súa boca coma se fose un náufrago á deriva aferrándose a un madeiro. Agarroulle a cabeza cunha man e colocou a outra no medio das súas costas. Naiara quedou quieta un momento, coas mans non seus brazos. Notáballe os músculos tensos por debaixo da roupa. Aínda máis, ríxidos. Deslizou a man ata o seu pescozo, nun aceno tranquilizador. Automaticamente, notou como el relaxaba todo o corpo. Ela zafouse do seu abrazo e apoioulle as mans no peito. Empurrouno cara atrás, ata que tropezou cunha cadeira e caeu sentado nela. Seguiu presionando os seus ombros para que non se levantara e, poñendo unha perna a cada lado da cadeira, quedou sentada sobre el. Apertouse contra o seu peito, e el pasou as mans polas súas costas, impedindo ambos calquera posibilidade de fuxida. Ficaron así un anaco, bicándose sen descanso, entrelazando as linguas, ata que ela soltou o seu pescozo e meteu as mans por debaixo da súas camiseta. Entón el reaccionou. Soltouna e ergueuse de golpe, facendo que ela case caese ó chan. Abriu a porta e, grazas á claridade que inundou a aula, Naiara puido ver como el apertaba os puños e marchaba correndo.
Quedou deitada un anaco máis, reflexionando. Por que fixera iso? Ademais, despois, cando estaban todos xuntos, falando tranquilamente antes de entrar á última clase, el estaba na outra punta do grupo. E notaba que a estaba a mirar, pero cando ela desviaba a vista e a dirixía ós seus ollos, el viraba a cara.
Abriu os ollos e ergueuse da cama. Colleu a bata e, mentres a poñía para que non lle collese o frío, decidiu que falaría con el ó día seguinte, custase o que custase.
Ñió! O.o pero tiene más no? Continúa no? Cuándo la mata? Porque la mata, no? Y cómo la mata? La acabas no? Verdad puti? A veeeeeeeeeer =(
ResponderEliminarNo dejes la historia así, warrixa, fijo que el tío tiene complejo de barriguita cervecera y le daba vergu que le tocara ahí. Si lo séee yo.
Ehhhh... eeehhhh... EEEEHHHH... un día destes cóntoche o motivo polo que empecei a escribir isto, si? Hohoho
ResponderEliminarSi, teño un cachiño máis, vouno pasar ó ordenador e publico ;)
Tiene algo de cierto? A ver, quién es el chaval? jajajaja
ResponderEliminarHAHAHAHAHAHAHAHA
ResponderEliminarA ver como cho explico... agora mesmo estou na facultade e... está a, aproximadamente, dous metros de min
PERO CUANDO VAS A ACTUALIZAR EL ÚLTIMO CACHOOOOO Que tú sí tenías un ordenador bonito desde el que escribir =(
ResponderEliminarY cómo escribías a su lado? ¬¬
CUANDO CUANDO CUANDO CUANDO...
ResponderEliminarNos ordenadores da facultado, que hai seis en ringleiras de tres, e claro, non me puiden resistir a usalos, hahaha
ResponderEliminarLOGO, LOGO, LOGO, cando acabe de pasar as cousas importantes do sobremesa ó portátil [os relatos, as imaxes graciosas, as nosas fotos facendo o parvo, o poPIIIIIrPIIIIIIIInoPIIIIIIIIII]
Comentario del 11 de enero ¬¬
ResponderEliminarY aún no acabaste la historia ¬¬
No tengo que decir nada más.
PS.
PSSSS.
Ahhhh!! E que teño que inspirarmeeeee... e é difícil, ho...
ResponderEliminarNI AHORA? NI AHORAAAA???? jajajaja
Eliminar