viernes, 28 de diciembre de 2012

Morriña

Despois de non sei xa canto tempo, volvo recuperar este pequeno espacio. Precisaba poñer unhas palabras, aporrear unhas teclas, pulsar uns botóns... porque nunca pensei que se podería estrañar tanto a alguén.
Quen? Cando? Por que? Como?
Eu sei, e ti tamén.

martes, 1 de mayo de 2012

Recordos

Este relato escribino hai xa bastante tempo, por iso (entre outars cousas) está escrito en castelán. Xa sei, está mal escrito, erros de estilo e probablemente de vocabulario, pero así é como o escribin e así o poño. Aí vai:

El vapor empañaba la ventana. El agua caliente que chocaba contra ellos lo hacía elevarse en espirales que llegaban hasta el techo. La misma agua que hacía que sus cuerpos se volvieran cálidos y resbaladizos al tacto del otro. Pero no les importaba. Al fin estaban juntos, y eso era lo único importante.
Él la tenía aprisionada entre sus brazos, apoyada en la pared, mordisqueándole el cuello. Ella deslizaba sus dedos por su espalda. la pasión que se estaba desatando en aquellos momentos era incontenible. Se necesitaban, necesitaban desesperadamente tocarse, besarse, tener conciencia del cuerpo del otro. Su unión se fue haciendo cada vez más íntima, más profunda, hasta que el estuvo completamente dentro de ella. Entonces comenzaron una especie de danza, en parte lucha, por ver quién de los dos podía más.
Mientras esto ocurría, parecía como si el tiempo dejara de existir y en el mundo solo estuvieran ellos, suspendidos en su burbuja de éxtasis. Hasta que, finalmente, esa burbuja explotó y se quedaron pegados, extasiados y felices.

Ola

Sabes quen son? Seguro que si. Veña, fai memoria. Pensa. Seguro que me coñeces. 
Aaahh, ves como si? Efectivamente, son quen pensas. Que fago escribindo isto? Nin idea. 
Coñeces esa sensación, como de AAAAUUUGGGHH, cando... Pero que digo! Claro que non. As cousas son moi diferentes ó outro lado do río.
Disme que nade, verdade? É unha posibilidade. Pero é complicado nadar cando a auga está infestada de crocodilos. 
Que intente despistalos? Non hai carnaza suficiente no mundo como para afastalos. Son crocodilos gardiáns, recordas?
Que pase por unha ponte, dis? Podería intentalo, si. Pero sabes que ocorre? Por moito que eu a lance, se ti non a recolles nunca conseguirei pasar.

Paranoia, volumen 5


Xoves. Por fin era xoves. E, aínda que no fondo estaba algo asustada, morría de ganas por estar a soas con el. Tantas, que non puido agardar e foi buscalo antes da última clase. Foi directa á sala máxica, pero non estaba alí. Estrañada, dispoñíase a volver cando oíu que a chamaban.
            - Naiara! – bisbou unha voz á súa dereita.
            - Que!? – respondeu ela, asustada
            - Tranquila – riu a voz -, son eu.
            - Onde estás?
            - Aquí – asomou a cabeza por detrás dunha estantería e tendeulle a man.
            - Dende cando te volviches pantasma? – bromeu, agarrándolle os dedos.
            - Non son unha pantasma, só son discreto – tirou dela e levouna a un rincón tranquilo.
            - A xente discreta non da sustos de morte.
            - Veña, non disimules, sei que viñeches aquí a buscarme.
Ó verse descuberta ruborizouse ata as orellas, pero mantivo a compostura. Cando estaba a piques de abrir a boca para contestarlle, el púxolle un dedo nos beizos e bicouna no nariz.
            - Temos clase – recordoulle, e marchou, deixándoa alí plantada.
<>, pensou ela, <>. 

Paranoia, volumen 4


A ventaniña saltou. Un cadro azul cunhas letras vermellas apareceu no medio da pantalla do ordenador. <>, era o único que poñía. Pensou un anaco e logo respondeu.

“Ti que cres?” Segundos de tensión, e logo: <> “A inseguridade non leva a ningunha parte, sabes?” <<...>> “ Primeiro explícamo,  e logo igual che perdoo>>.

Tardou un bo anaco en responder, e cando o texto apareceu na pantalla, Naiara leuno con avidez.

<>

“De...?” <>.

Desconectouse non ben mandou esta mensaxe instantánea. Naiara, estrañada e, á vez, algo asustada, pechou o navegador, sen decatarse de que tiña outra mensaxe: <>. 

Paranoia, volumen 3


O mércores non deu con el ata pouco antes da unha da tarde. Estaba agardando a que saíran os da clase anterior da aula, apoiada na parede, cando o mirou chegar. Dirixiuse a el de vagar e arrimouse de novo á parede, ó seu carón.
- Ola. – saudouno sen miralo, para evitar que esquivara a mirada  e non respondera.
- ...-
- Eu tamén me alegro de verte – desta vez si que houbo reacción, apenas un pequeno movemento das cellas.
- ...-
- Vasme deixar aquí falando soa, coma se estivese tola?
- Acaso non o estás?
<< Por fin>>, pensou ela, <>.
            - Bueno, aquí todos estamos un pouco tolos, non si?
            - ... –
            - Hoxe estamos pouco faladeiros... Claro, dáseche mellor usar a lingua para outras cousas.
Ante esta provocación, volveu a c ara de golpe e mirouna ós ollos, longa e intensamente. Cando ela estaba a piques de agarralo e bicalo alí mesmo chegou a profesora, momento que Asier aproveitou para zafarse e entrar correndo. Naiara, sacudindo a cabeza, entrou detrás.

            Ó acabar a clase saíron os dous correndo, para non perder o bus, polo que se atoparon de novo na parada. Pero o autobús chegou xa, de maneira que non puideron falar, pero el deslizoulle un papel no  peto e sentou no único asento libre que quedaba na parte dianteira. Ela acomodouse atrás e sacou o papeliño. Era un correo electrónico. Sorriu. 

martes, 27 de marzo de 2012

Espellos



Espellos, espellos... Que grande invento! Eles non que din "estás guapa", aínda que parezas un croio. simplemente, móstrante tal como estás e punto. Sen enganos. Ó natural.
Espellos, espellos... Que grandes que son!



Pero tamén teñen outra función...
Eles simplemente mostran...
Só tes que estar no ángulo correcto de visión.


miércoles, 18 de enero de 2012

Último exame!!! (18/1/12)

AAAAAAAAAHHHHHHHHHH!!!
Estou a vinte minutos de empezar o último exame e si, estou bastante dos nervios... Por unha parte, estou nerviosa porque, leñe, é un exame. Pero por outra parteee... WIIIIIIIIIIIIII!! SÓ QUEDA UN!






Si, fixen unha entrada só para dicir o histérica que estou. Non me puiden resistir, isto dos blogs é un vicio U.u

jueves, 12 de enero de 2012

Pensamentos obscenos que fan insostible unha situación xa de por si incómoda

*Eu facendo o parvo no ordenador*

- BUAHAHAHAHAHA! Que comentario máis estúpido! Hahahaha... Dende logo... Aaahhhh, que foto máis ridícula! Bueeeno, vamos ser responsables, a ver faitic... bah, non puxo nada, pero será...!
- Que hai!
- Ola!

'Cona, rapas, que susto me deches,carallo!'

- Sabes si para (unha asignatura que xa non recordo) hai algún libro, ou algo?
- Pois si, teño unhas fotocopias por aquí...

*Buscando desesperadamente na carpeta*

- Pois non, non as teño aquí... PERO PODO ESCANEALAS E ENVIARCHAS!
- Sí?

'Pon cariña de cordeiriño, ou estou flipando outra vez?'

- CLARO QUE SI! SEN PROBLEMA NINGÚN!

'Joder, será mellor que me tranquilice, que aínda se me vai notar ou algo...'

- Estupendo! Gracias!

*Miro para el e descubro que está a sorrir*

'NENO, NON FAGAS ISO, QUE NON RESPONDO! Joder, e agora achégase...'

*Apoia o brazo esquerdo sobre a mesa e vólvese cara min*

'Mimadriñaaaaa... Vale, tranquila... Esta a falarche... responde con normalidade... E MÍRAO, CONA!'

*Sigue falando, pregunta, cóntame cousas*

'... entón é cando te collo e... NON, QUIETA!'

* Estírase e pon a man estirada sobre a barriga*

' AAAAAHHHHHH! Vale, tranquila, non pasa naaada... Cona, QUE SE LLE MIRA A BARRIGA!! Reláaaxate... Ai, Diormío, neno, PIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII, de verdade, buuuuuf...

- Hostia, que dejé el msn abierto! Y como se cierra este programa? Es que yo tengo otro...
- Hahaha! Bueno, polo menos non o deixaches aberto e marchaches!

'Por que carallo non son capaz de dicir algo intelixente!?'

*Deixa o ordenador e volve á postura de antes*

'Ahhhh... si, xa recordo, si... '



- Bueno, que hora es ya?

* Mirando a hora na pantalla do ordenador*

- A unha e media.
- Me voy a ir ya.
- Vale

'NOOOOOON, NON MARCHEEEEES'

*Mírame e sorrí*

'Ou si, como queiras... feel like a manteiga ó sol...'

- Cuando puedas, mañana o así, escaneas eso...
- Sen problema, tranquilo

*Intento infructuoso por sorrir como unha persoa normal, e non como unha depravada...*

- Hasta el viernes!
- Ata logo!

'Ata logo... ATA LOGO! Joder, pero que burra que son...'

*Seguíndoo coa mirada*

'Si, son unha burriña... unha burriña de campionatoooo... feel like Homer Simpson diante dunah rosquilla glaseada...'


By Coreanagilipollasquecandoestásoafalapoloscodosecandotenquefalarnondiunhapalabra


Exames, exames everywhere

Coñecedes esa sensación, como de AAAUUGGHHH, cando acabas un exame, entrégalo, e ó saír recordas que esqueceches facer unha pregunta, que ademáis era fácil?