martes, 1 de mayo de 2012

Ola

Sabes quen son? Seguro que si. Veña, fai memoria. Pensa. Seguro que me coñeces. 
Aaahh, ves como si? Efectivamente, son quen pensas. Que fago escribindo isto? Nin idea. 
Coñeces esa sensación, como de AAAAUUUGGGHH, cando... Pero que digo! Claro que non. As cousas son moi diferentes ó outro lado do río.
Disme que nade, verdade? É unha posibilidade. Pero é complicado nadar cando a auga está infestada de crocodilos. 
Que intente despistalos? Non hai carnaza suficiente no mundo como para afastalos. Son crocodilos gardiáns, recordas?
Que pase por unha ponte, dis? Podería intentalo, si. Pero sabes que ocorre? Por moito que eu a lance, se ti non a recolles nunca conseguirei pasar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario