O
mércores non deu con el ata pouco antes da unha da tarde. Estaba agardando a
que saíran os da clase anterior da aula, apoiada na parede, cando o mirou
chegar. Dirixiuse a el de vagar e arrimouse de novo á parede, ó seu carón.
- Ola. – saudouno sen miralo, para
evitar que esquivara a mirada e non
respondera.
- ...-
- Eu tamén me alegro de verte – desta
vez si que houbo reacción, apenas un pequeno movemento das cellas.
- ...-
- Vasme deixar aquí falando soa, coma
se estivese tola?
- Acaso non o estás?
<<
Por fin>>, pensou ela, <>.
- Bueno, aquí todos estamos un pouco
tolos, non si?
- ... –
- Hoxe estamos pouco faladeiros...
Claro, dáseche mellor usar a lingua para outras cousas.
Ante
esta provocación, volveu a c ara de golpe e mirouna ós ollos, longa e
intensamente. Cando ela estaba a piques de agarralo e bicalo alí mesmo chegou a
profesora, momento que Asier aproveitou para zafarse e entrar correndo. Naiara,
sacudindo a cabeza, entrou detrás.
Ó acabar a clase saíron os dous
correndo, para non perder o bus, polo que se atoparon de novo na parada. Pero o
autobús chegou xa, de maneira que non puideron falar, pero el deslizoulle un
papel no peto e sentou no único asento
libre que quedaba na parte dianteira. Ela acomodouse atrás e sacou o papeliño.
Era un correo electrónico. Sorriu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario