martes, 1 de mayo de 2012

Paranoia, volumen 5


Xoves. Por fin era xoves. E, aínda que no fondo estaba algo asustada, morría de ganas por estar a soas con el. Tantas, que non puido agardar e foi buscalo antes da última clase. Foi directa á sala máxica, pero non estaba alí. Estrañada, dispoñíase a volver cando oíu que a chamaban.
            - Naiara! – bisbou unha voz á súa dereita.
            - Que!? – respondeu ela, asustada
            - Tranquila – riu a voz -, son eu.
            - Onde estás?
            - Aquí – asomou a cabeza por detrás dunha estantería e tendeulle a man.
            - Dende cando te volviches pantasma? – bromeu, agarrándolle os dedos.
            - Non son unha pantasma, só son discreto – tirou dela e levouna a un rincón tranquilo.
            - A xente discreta non da sustos de morte.
            - Veña, non disimules, sei que viñeches aquí a buscarme.
Ó verse descuberta ruborizouse ata as orellas, pero mantivo a compostura. Cando estaba a piques de abrir a boca para contestarlle, el púxolle un dedo nos beizos e bicouna no nariz.
            - Temos clase – recordoulle, e marchou, deixándoa alí plantada.
<>, pensou ela, <>. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario