Este relato escribino hai xa bastante tempo, por iso (entre outars cousas) está escrito en castelán. Xa sei, está mal escrito, erros de estilo e probablemente de vocabulario, pero así é como o escribin e así o poño. Aí vai:
El vapor empañaba la ventana. El agua caliente que chocaba contra ellos lo hacía elevarse en espirales que llegaban hasta el techo. La misma agua que hacía que sus cuerpos se volvieran cálidos y resbaladizos al tacto del otro. Pero no les importaba. Al fin estaban juntos, y eso era lo único importante.
Él la tenía aprisionada entre sus brazos, apoyada en la pared, mordisqueándole el cuello. Ella deslizaba sus dedos por su espalda. la pasión que se estaba desatando en aquellos momentos era incontenible. Se necesitaban, necesitaban desesperadamente tocarse, besarse, tener conciencia del cuerpo del otro. Su unión se fue haciendo cada vez más íntima, más profunda, hasta que el estuvo completamente dentro de ella. Entonces comenzaron una especie de danza, en parte lucha, por ver quién de los dos podía más.
Mientras esto ocurría, parecía como si el tiempo dejara de existir y en el mundo solo estuvieran ellos, suspendidos en su burbuja de éxtasis. Hasta que, finalmente, esa burbuja explotó y se quedaron pegados, extasiados y felices.
martes, 1 de mayo de 2012
Ola
Sabes quen son? Seguro que si. Veña, fai memoria. Pensa. Seguro que me coñeces.
Aaahh, ves como si? Efectivamente, son quen pensas. Que fago escribindo isto? Nin idea.
Coñeces esa sensación, como de AAAAUUUGGGHH, cando... Pero que digo! Claro que non. As cousas son moi diferentes ó outro lado do río.
Disme que nade, verdade? É unha posibilidade. Pero é complicado nadar cando a auga está infestada de crocodilos.
Que intente despistalos? Non hai carnaza suficiente no mundo como para afastalos. Son crocodilos gardiáns, recordas?
Que pase por unha ponte, dis? Podería intentalo, si. Pero sabes que ocorre? Por moito que eu a lance, se ti non a recolles nunca conseguirei pasar.
Aaahh, ves como si? Efectivamente, son quen pensas. Que fago escribindo isto? Nin idea.
Coñeces esa sensación, como de AAAAUUUGGGHH, cando... Pero que digo! Claro que non. As cousas son moi diferentes ó outro lado do río.
Disme que nade, verdade? É unha posibilidade. Pero é complicado nadar cando a auga está infestada de crocodilos.
Que intente despistalos? Non hai carnaza suficiente no mundo como para afastalos. Son crocodilos gardiáns, recordas?
Que pase por unha ponte, dis? Podería intentalo, si. Pero sabes que ocorre? Por moito que eu a lance, se ti non a recolles nunca conseguirei pasar.
Paranoia, volumen 5
Xoves.
Por fin era xoves. E, aínda que no fondo estaba algo asustada, morría de ganas
por estar a soas con el. Tantas, que non puido agardar e foi buscalo antes da
última clase. Foi directa á sala máxica, pero non estaba alí. Estrañada,
dispoñíase a volver cando oíu que a chamaban.
- Naiara! – bisbou unha voz á súa
dereita.
- Que!? – respondeu ela, asustada
- Tranquila – riu a voz -, son eu.
- Onde estás?
- Aquí – asomou a cabeza por detrás
dunha estantería e tendeulle a man.
- Dende cando te volviches pantasma?
– bromeu, agarrándolle os dedos.
- Non son unha pantasma, só son
discreto – tirou dela e levouna a un rincón tranquilo.
- A xente discreta non da sustos de
morte.
- Veña, non disimules, sei que
viñeches aquí a buscarme.
Ó
verse descuberta ruborizouse ata as orellas, pero mantivo a compostura. Cando
estaba a piques de abrir a boca para contestarlle, el púxolle un dedo nos
beizos e bicouna no nariz.
- Temos clase – recordoulle, e marchou,
deixándoa alí plantada.
<>,
pensou ela, <>.
Paranoia, volumen 4
A
ventaniña saltou. Un cadro azul cunhas letras vermellas apareceu no medio da pantalla
do ordenador. <>, era o único que poñía. Pensou un
anaco e logo respondeu.
“Ti
que cres?” Segundos de tensión, e logo: <> “A
inseguridade non leva a ningunha parte, sabes?” <<...>> “ Primeiro
explícamo, e logo igual che perdoo>>.
Tardou
un bo anaco en responder, e cando o texto apareceu na pantalla, Naiara leuno
con avidez.
<>
“De...?”
<>.
Desconectouse
non ben mandou esta mensaxe instantánea. Naiara, estrañada e, á vez, algo
asustada, pechou o navegador, sen decatarse de que tiña outra mensaxe:
<>.
Paranoia, volumen 3
O
mércores non deu con el ata pouco antes da unha da tarde. Estaba agardando a
que saíran os da clase anterior da aula, apoiada na parede, cando o mirou
chegar. Dirixiuse a el de vagar e arrimouse de novo á parede, ó seu carón.
- Ola. – saudouno sen miralo, para
evitar que esquivara a mirada e non
respondera.
- ...-
- Eu tamén me alegro de verte – desta
vez si que houbo reacción, apenas un pequeno movemento das cellas.
- ...-
- Vasme deixar aquí falando soa, coma
se estivese tola?
- Acaso non o estás?
<<
Por fin>>, pensou ela, <>.
- Bueno, aquí todos estamos un pouco
tolos, non si?
- ... –
- Hoxe estamos pouco faladeiros...
Claro, dáseche mellor usar a lingua para outras cousas.
Ante
esta provocación, volveu a c ara de golpe e mirouna ós ollos, longa e
intensamente. Cando ela estaba a piques de agarralo e bicalo alí mesmo chegou a
profesora, momento que Asier aproveitou para zafarse e entrar correndo. Naiara,
sacudindo a cabeza, entrou detrás.
Ó acabar a clase saíron os dous
correndo, para non perder o bus, polo que se atoparon de novo na parada. Pero o
autobús chegou xa, de maneira que non puideron falar, pero el deslizoulle un
papel no peto e sentou no único asento
libre que quedaba na parte dianteira. Ela acomodouse atrás e sacou o papeliño.
Era un correo electrónico. Sorriu.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)