¿Pódese saber onde estou? Isto está moi escuro. Parece que alí se percibe algo. Achegareime a ver. Pois non era nada. pero, ¿qué é aquilo outro de alí? Xa sei, é unha luz. É moi pequechiña. E moi branquiña. Oohh... Quero tocala. A ver se chego estirando a man. Eh! Estoume erguendo do chan. A luz! Tira de min cara arriba! xa case cheguei, xa case a toco... Toqueina!!
- ¡PLAS!
- ¡BUAAAAAAAAHHHHH...!
- Benvido, pequeno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario