martes, 15 de junio de 2010

MARATÓN: Volumen IV

A rapaza traspasa o portal. Avanza polo camiño. Chega ata a porta. Entra. Sube as escaleiras. Avanza polo corredor, paseiño, é aínda cedo. Chega á porta da súa casa. Pon a man na manilla e mete a chave na pechadura. Dentro óense berros, así que ela decide apartar a chave e dar media volta. Xa están berrando de novo. Cada vez fano máis a miúdo. De súpeto, un prfundo e arrepiante alarido cravouna no sitio.

- Mamá!

Abriu porta o máis rápido que puido. Inmediatamente botou a correr cara á cociña, que era de onde viñan os berros. A súa nai estaba tirada no chan, cun coitelo cravado nas tripas. o seu pai estaba collendo outro aínda máis grande, coa clara intención de espetarllo tamésn. Ó ver á súa filla entrar correndo deixouno caer ó chan. Ela axeonllouse e tentou taponarle a ferida á súa nai. Imposible. Demasiado sangue. Quedou mirando para ela, impotente, mentres se lle escapaba a vida tal e como estaba esmorecendo a luz do sol por entre os edificios da cidade. A casa comezou a se encher de xente. Un coro de sorenas achegábase e o seu escandaloso son coáase no cerebro da rapaza, ó tempo que se lle inundaban os ollos de bágoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario